sábado, 7 de enero de 2012

Ao cole sen libros de texto: PROXECTOS

Gisela García Ron, mestra de infantil do CEIP de Curtis da Coruña,recibiu un premio de innovación e investigación do ministerio de educación por utilizar a prensa escrita como ferramenta para a aprendizaxe dos nenos de Infantil.
Baseándose no método de ensino por "proxectos" (o que utilizan no noso Centro as mestras de Infantil) Gisela a partir dun tema, elexido polos nenos ou polo mestres, investigan e traballan todas as áreas de forma conxunta, "deste modo os nenos enlazan unhas cousas con outras e ven que todo ten un sentido. En lugar de facer que escriban o 1 moitas veces ou que coloreen unha cousa de amarelo, algo que non entenden para que se fai e que ao final aprenden por repetición, utilizamos o xornal e contamos titulares ou buscamos determinadas letras. Todo ten unha funcionalidade" di Gisela
Ensinar por proxectos fai que o ensino sexa máis flexible permitiendo traballar de mellor forma a diversidade da aula.
Noraboa Gisela
Noticia obtida do xornal O Pais e do  Faro de Vigo



Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.