Como sempre haberá galletas para os asistentes
Con este blog, pretendo dar resposta a toda a Comunidade Educativa. Queremos que o blog convértase nun medio de participación, colaboración e apoio mutuo, así como un motivo para realizar proxectos conxuntos e sentir que os Colexios perténcenos a todos e todas e todos e todas debemos colaborar na súa mellora. Benvidos e esperamos que vos sexa de axuda. Tamén agradeceremos moito que deixedes os vosos comentarios
sábado, 14 de mayo de 2011
Talleres para pais e nais
O taller para pais e nais poido realizarse o martes de 4 a 6 coa presenza de 9 nais e 1 pai. Con estes talleres trátase de darvos a coñecer estratexias e mecanismos para darlle solución as dificultades que xorden ao educar aos vosos fillos e fillas e Marisa nos achegou moitas e variadas estatexias de comunicación cos nosos fillos que é a verdadeira clave do bon funcionamento familiar.
miércoles, 4 de mayo de 2011
Talleres
Onte, o alumnado de 6º traballou nun taller moi interesante. Foi un taller preventivo organizado pola Consellería de Benestar Social e onde se coñeceron un pouquiño máis e aprenderon a comunicarse de forma máis efectiva cos seus pais. As conclusións foron moi interesantes.
Pola tarde tiñamos outro taller para pais e nais pero non podo poñer as fotos nin comentar o seu desenvolvemento porque desgraciadamente de 155 familias que supón 300 pais e nais que forman parte da comunidade educativa, soamente acudiron 3 polo que tivemos que suspender o taller.
Unha lástima porque o ano pasado resultou moi interesante falando de poñer límites aos nosos fillos e este ano tamén ía ser tan interesante como o anterior xa que iamos a traballar a comunicación pais/nais - fillos/as.
Aínda que dan ganas de darse por vencido e dedicarse soamente ao traballo estrito que me corresponde sen perder nin unha soa hora do meu tempo persoal non o fago polos nenos/as que cunha ocurrencia, unha suxerencia, un sorriso,... fan que a miña implicación mereza a pena.
Voltaremos a propoñer o taller para o vindeiro martes de 16:00 a 18:00 horas esperando que a asistencia sexa grande.
Grazas a todos e agardamosvos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.