miércoles, 14 de mayo de 2014

Pulseiras de gomitas

Jesús Jarque no seu blog "Familia y Cole" fálanos de como os nenos e as nenas dannos leccións de pedagoxía coas pulseiras de gomitas.
É certo , observando a miña filla, Jesús Jarque da perfectamente no cravo:
  • Uxía buscou en "youtube" tutoriais para a realización de diferentes formas de facer as famosas pulseiras. Competencia dixital e aprender a aprender.
  • Cando atopamos  algunha amiga, deseguida se poñen a axudarse, a ensinarse. Traballo cooperaativo, comprensión oral e  axuda entre iguais
  • Uxi empezou a elaborar pulseiras moi sinselas e agora é capaz de facer producións mais complexas. Secuenciación da dificultade.
  • Combina cores, formas, etc. Está a traballar a creatividade
  • É capaz de ter todo o material organizado nos seus estuches. Está traballando a capacidade de organización
Como dí Jesús Jarque "as pulseiriñas de gomas desmonta a falsa crenza que aos nenos e nenas soamente lle interesan as pantalliñas; as pulseiras de gomas están ocupando máis tempo que os videoxogos"

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.